ANÁLISE DA SOLICITUDE DE AAI (AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA) E DO EIA (ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL) DO PROXECTO “GAMA” PROMOV
ANÁLISE DA SOLICITUDE DE AAI (AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA) E DO EIA (ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL) DO PROXECTO “GAMA” PROMOVIDO POR GREENFIBER S.L. (GRUPO ALTRI) EN PALAS DE REI
Autor:
Xerardo Pereiro (xerardopereiro@utad.pt)
Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD)
Doutor en Antropoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela – Doutor en Turismo pola Universidade de La Laguna- Agregado en Antropoloxía polo ISCTE – Instituto Universitario de Lisboa – Agregado en Turismo, Património e Território pola Universidade de Coimbra.
-Pereiro, X. (2024): Análise da solicitude de AAI (autorización ambiental integrada) e do EIA (estudo de impacto ambiental) do proxecto “GAMA” promovido por GREENFIBER S.L. (grupo ALTRI) en Palas de Rei. Online em: https://xerardo2014.wixsite.com/xerardopereiro/post/an%C3%A1lise-da-solicitude-de-aai-autorizaci%C3%B3n-ambiental-integrada-e-do-eia-estudo-de-impacto-ambienta
INTRODUCCIÓN
“Os bosques anteceden as civilizacións, os desertos aparecen despois destas” (François-René de Chateubriand)
Por medio do ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, a Secretaría Xeral de Industria, someteu a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, promovido por Greenfiber, S.L.
Ver : https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240304/AnuncioG0692-200224-0017_gl.pdf ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, a Secretaría Xeral de Industria, (CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN) - ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, promovido por Greenfiber, S.L. e declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2022, que se vai implantar no concello de Palas de Rei (DOGA nº 45, de 4 de marzo de 2024, pp. 16837-16896). Ver proxecto e informe de impacto ambiental en: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/proxectos-industriais-estratexicos?content=expediente_0005.html&fbclid=IwAR3f14YXzsksBS2ckfjJP24-04lbqlMaMjW8jdp06TRUsClgEGhQ6iLOi1Y_aem_AW7mRU7AVfy-VX8R1NPTrRzQgn7op1nWMOLgMhATsKNuIxnF1VEklQ9JTRNem4KS2djJoH2nZZ6kNWeTvetcAfey
A realización deste relatorio – informe foi feito por iniciativa propia, con base en diferentes preocupacións científicas, ambientais, culturais e cidadás, e despois de analizar durante varios días os documentos d petición - solicitude de GREENFIBER S.L (do grupo ALTRI) para obter a “Autorización Ambiental Integrada” por parte da Secretaría Xeral de Industria da Xunta de Galicia, e o seu EIA (Estudo de Impacto Ambiental). Especial importancia darei neste informe á análise das cuestións socioeconómicas a ás do patrimonio cultural, áreas de especialización e campos de investigación privilexiados por min desde hai moitas décadas. A filosofía e ética deste informe é a RSI (responsabilidade social investigadora) e a ética da investigación con fins públicos e de ben común.
ANÁLISE DA PETICIÓN DE “AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA” (Xunta de Galicia –Secretaría Xeral de Industria, Expediente: Solicitude PR004A- Nº de entrada: 2022/2945457
“1. ANTECEDENTES Y OBJETO DEL PROYECTO” (23 páxinas)
É necesario dicir que o documento está moi mal organizado, mal indexado e cheo de repeticións que parecen ter un sentido máis propagandístico que técnico. Mal paxinado e estruturado, o documento é pouco sistemático do punto de vista da esixencia científica e técnica que debería ter un asunto tan serio como este que tratamos. O documento non presenta practicamente nos seus millares de páxinas referencias científicas e bibliográficas que sustenten o proxecto, polo que podemos clasificar este como un discurso pseudocientífico e para-tecnicista sen bases científicas serias.
Na páxina 4 dise literalmente que ALTRI está “especializada en la fabricación de fibras textiles a base de celulosa”, pero como ben sabemos en Portugal iso non é certo, pois ALTRI está especializado en produción de celulosa para outros usos, nomeadamente:
A Celbi e a Celtejo producen pastas papeleiras de eucalipto, por medio do proceso ao sulfato ou Kraft. No caso da Celbi (Figueira da Foz), o tipo de pasta producida destínase à produción de papeis finos de impresión e escrita, papeis para laminados decorativos e papeis destinados a servir de suporte á impresión de gran calidade. No caso da Celtejo (Vila Velha de Ródão) a pasta é para papeis W.C., panos de papel, toallas refrescantes, etc.. A Caima (Constância) produce pasta soluble, utilizando o eucalipto globulos como materia-prima, para aplicacións na industria téxtil, e tamén vende lignosulfonato de magnesio, que é maioritariamente utilizado na industria de construción como aditivo para o alcatrán - asfalto. (Ver: https://altri.pt/pt)
Na mesma páxina fálanse de dúas fases de produción, pero non se especifican datas, tempos, nin motivos de pasar da I á II. O que se afirma é o seguinte:
“Celulosa soluble”
“Lyocell”
Fase I
250.000 toneladas /ano
60.000 toneladas/ano
Fase II
400.000 toneladas /ano
200.000 toneladas/ano
Nesta parte do texto o informe di que no resto do documento hai “discrepancias en imágenes y texto”, en relación coa anexos e documentos anexados de estudos solicitados a terceiros e outras empresas. Di en concreto que hai erros na análise das estradas e punto de vertido. Isto paréceme non aceptable e xa por iso debería ser denegada a autorización, por defectos de forma e contido.
Ademais de informar que o proxecto xa foi declarado PIE (proxecto industrial estratéxico) pola Xunta de Galicia en decembro de 2022, e que a planta fabril terá 112 Hectáreas de superficie (o equivalente a 112 campos de fútbol, esquece a existencia da aldea de Remesedo, onde hai unha das explotacións gandeiras máis grandes do municipio, propiedade dun grande empresario galego afincado en Cataluña.
Na páxina 14 hai un erro é “GAMA” e non “gama”.
No punto II. “1. PROYECTO BÁSICO”” (424 páxinas): concluído en outubro de 2023.
Comeza por afirmarse como proxecto de “fábrica de fibras textiles” e de produción de “celulosa soluble a base de eucaliptos”, pero xa antes e ao longo do EIA do proxecto técnico e de enxeñaría industrial a orientación principal é a produción de celulosa soluble, sendo secundaria a produción de “lyocell” (fibra téxtil).
Na páxina 1 afirmase que GREENFIBER, con sede empresarial en Pontevedra, é unha “empresa propiedad del grupo ALTRI S.L., es una organización especializada en la fabricación de fibras textiles a base de celulosa de eucalipto”, y “una industria textil sostenible”, que pretende crear “economía circular” e facer “gestión sostenible”. Pero o certo é que ALTRI ten pouca ou nula experiencia na produción de fibras téxtiles en Portugal, sede principal do grupo, desde onde exporta para os mercados asiáticos e europeos a súa celulosa, e para empresas portuguesas como “Navigator”. Polo tanto hai un problema de coherencia, identidade, ética e honestidade na forma como é presentada a empresa. Ademais confunden economía circular con economía financeira internacional, macroeconomía e acumulación por desposesión de recursos naturais, culturais e financeiros públicos, pois teñen solicitado unha axuda de cerca de 300 millóns de Euros dos fondos europeos Next Generation para descarbonización. Pero o certo é que o proxecto técnico presentado non demostra cientificamente como vai contribuír a esa descarbonización.
Neste punto II do proxecto básico (páxinas 16, 29, 30, 31) a empresa xa recoñece que vai contaminar o aire, a auga e o solo. Ademais recoñece que vai instalar unha planta de combustión de combustibles fósiles, residuos ou biomasa dunha potencia superior a 50 MW (megawatios).
O equipo técnico identificado como “redactor do proxecto” é a empresa “AFRY SOLUTIONS SPAIN SAU”, unha empresa de enxeñaría e proxectos industriais presente en 4 países, que conta con 19.000 empregados, que tivo orixe en Malmo en 1895 e que ten sedes en Madrid, Donostia e Zaragoza. Ademais son referidas outras empresas colaboradoras como AXA Arqueoloxía (A Coruña), SERTOGAL S.L. e ZETA ARQUEOLOXÍA (Santiago de Compostela) entre outras.
Pero o descoñecemento do territorio escollido para o proxecto GAMA de GREENFIBIR (ALTRI) é notorio mais adiante cando no apartado referente a infraestruturas próximas á planta esquece referir as seguintes estradas:
- LU-P 4001.
- LU P 4008.
- CP 4088.
A continuación preséntase como unha industria química e téxtil “de enclave”, “pesada”, que xera emprego e tamén “efectos negativos sobre el paisaje y el territorio debido a su gran tamaño”.
E seguidamente outro erro de situación, ubicación e localización do proxecto da planta:
“Su emplazamiento concreto en el extremo suroccidental del municipio lo sitúan equidistante entre las villas de Melide y Palas de Rei”.
Vamos a ver, o proxecto de Altri localízase no lugar de “A Vacariza” (parroquia de Remonde, municipio de Palas de Rei, provincia de Lugo, Galiza, España), pero dista 10 kim da vila de Palas de Rei e 5,6 km da vila de Melide. Se isto é para un enxeñeiro a equidistancia, considero que non debían ser aprobados xa no 1º ano do seu curso universitario superior. É este un sinal de descoido, algúns dirán que non ten importancia, pero o certo é que é moi revelador da falta de análise seria do proxecto e o territorio onde se pretende desenvolver. Non é fiable nin confiable quen comete tantos erros de cálculo e análise.
Outro aspecto crítico deste punto da análise é a falta de demostración de que é un proxecto e modelo de desenvolvemento endóxeno, cando en realidade é foráneo.
Na páxina 41 deste punto dise que o IMD será de 550 vehículos por día circulando nos contornos da planta, o que despois non é tomado como referencia para os cálculos dos efectos do ruído, algo que nos parece inadmisible do punto de vista da seriedade necesaria nun EIA.
Na páxina 46 indícanse 360 hectáreas de superficie para a planta e as súas instalacións anexas, das cales a planta principal ocuparía 1.466.400 metros cadrados.
Problemático neste punto é que non se explica nin xustifica o método de cálculo da produción de celulosa soluble, caendo no misticismo e na invisibilidade.
Na páxina 47 infórmase de que:
- Haberá un área – planta de manipulación, preparación y almacenamento de produtos químicos: hidróxido de sodio, peróxido de hidroxeno, ácido sulfúrico, sulfato de sodio, carbonato de sodio, osíxeno, ozono e outros produtos químicos.
- Plantas satélite de almacenamento e regasificación de GNL e H2
- Unha cheminea de 75 metros de altura e un “skyline” de 50 metros para a caldeira de biomasa, 60 metros da caldeira de recuperación, 60 metros do edificio de manexo da madeira, e varias de 20 metros de altura para varios almacéns. Vamos que os peregrinos do Camiño Francés de Santiago e os visitantes do Castelo de Pambre e das Torrentes de Mácara poderán facer unhas magníficas fotos para o “Instagram” e as redes sociais...
Na páxina 53 (subpunto 4.5.2. Descripción del proceso productivo) dise que van necesitar 1,2 millóns de metros cúbicos de madeira de eucalipto globulus e nitens. E na 59 que na cocción da pasta utilizarán gases GNCC recollidos e queimados nas caldeiras. Estes datos e outros máis adiante mostran que van utilizar gas natural para combustión e non só biomasa, con apuntes críticos correctores de algunha das empresas colaboradoras como indicarei detalladamente máis adiante en relación co uso do gas natural.
Na páxina 61 recoñécense “emisiones puntuales derivadas del funcionamiento de equipamientos y maquinaria”, tamén ruído e vibracións. No blaqueo da pasta de celulosa vai ser utilizado AZP (ácido sulfúrico, ozono e peróxido).
Na páxina 65 dise que haberá vertidos ás augas residuais de: ácido sulfúrico, ozono, peróxido de hidróxeno e sulfato de magnesio. E que para a produción de lyocell será utilizada celulosa e NNMO (N-morfilina-n-óxido) para a súa disolución.
Na páxina 72 dise que haberá unha área específica para una futura unidade de recuperación de fibras téxtiles procedentes da recolla selectiva de tecidos, roupa e outros materiais téxtiles. Este era unha parte do proxecto que foi pensado inicialmente para a Mariña de Lugo, e que prometía ser moi interesante do punto de vista da sustentabilidade.
No punto 4.5.2.4. (Recuperación química), admítese que vai ser utilizado combustible non renovable nalgúns procesos (páxina 95), o que desmonta a imaxe de proxecto sustentable que pretenden pasar á cidadanía e á administración pública. Concretamente planean construír dous tanques de gasóleo de 15 metros cúbicos de capacidade. Tamén se informa que na 2ª fase do proxecto existe a posibilidade de construír unha planta de biomasa para biogas.
Punto 4.5.2.8 (Captación e tratamento da auga): Recollida no encoro de Portodemouros (Arzúa – Agolada) unha cantidade de 46.000 metros cúbicos ao día, a través dunha tubeira soterrada de 12.426 metros de lonxitude e 500 mm de diámetro (largo de 50 cms).
Na páxina 101 deste punto II non hai estudos sobre o aceso de auga potable á planta para necesidade de consumo humano. Será que os traballadores van beber “celulosa soluble” ou van traer aliens que non van necesitar beber. Neste e noutros pormenores, este proxecto mostra improvisación e improvisación.
Na páxina 102 dise que van ser construídas unha ETARI (estación de tratamento de augas residuais industriais) e outra EDAR (estación depuradora de augas residuais). Pero na páxina 107 dise que haberá un vertido diario ao río Ulla de 30..000 metros cúbicos de auga tratada, e despexada no curso alto do río arriba do encoro de Portodemouros, onde chegará por medio dunha tubeira de 8.870 metros de lonxitude, habendo alí unha descarga subacuática para evitar espumas.
Na páxina 108 afirmase que haberá emisións á atmosfera de xofre, óxidos de xofre, óxidos de nitróxenos e monóxido de carbono. Fronte ao cal haberá unha técnica de captura electrostática desas emisións e filtros de manga na planta de biomasa como medidas correctoras e mitigadoras. O que xera dúbidas aquí é se estas técnicas mitigadoras das emisións aéreas son seguras e garanten o 100% da recolla.
No punto 5 (“PRODUCTOS GENERADOS Y CARACTERÍSTICAS”) e na páxina 116 detállanse os productos:
- Pasta de celulosa soluble.
- Fibras de lyocell (fibra téxtil).
- Biomasa (31.500 toneladas/ano).
- Xeso (13.000 toneladas/ano)
É aquí que se cae nunha contradición de discurso, pois xa non estamos só a producir fibra téxtil. E o paradoxal é que ao longo do EIA non hai un estudo serio do uso e comercialización da biomasa e do xeso. Por outro lado, o texto é neste punto especulativo, imaxinativo e prospectivo, pero pouco realista e científico, sen fundamentación científica, comercial ou social da necesidade deses productos. Consideramos crítico a falta dunha análise máis exhaustiva das alternativas de produción dos produtos derivados da celulosa e a súa contextualización no mercado e nas necesidades sociais (ex. na construción, ver: https://www.isocell.com/en/product/zellulose ). Falta aquí unha xustificación de necesidade social e de estudio de mercado, pero tamén unha garantía ou compromiso de que as vendas de celulosa soluble serán no mercado ibérico de proximidade e non na exportación, algo que sospeitamos vai suceder pola experiencia e práctica en Portugal desta empresa. A exportación converte o proxecto en menos sustentable aínda.
No punto 6. (“CONSUMO DE RECURSOS NATURALES, MATERIAS PRIMAS Y AUXILIARES”), dise que serán necesarios 1,2 millóns de metros cúbicos de eucalipto por ano e que a orixe estará na Galiza e nas comunidades autonómicas españolas limítrofes.
No punto 7. (“DOCUMENTACIÓN PRESENTADA PARA EL CONTROL DE LAS ACTIVIDADES...) recoñécense “sustancias con peligro físico” e queda pouco clara e pedagóxica a forma do seu control. E máis ben “exotérico” o ton da resposta. Neste punto hai unha falta de presentación de experiencias de boas prácticas e exemplos prácticos e pedagóxicos (ex. Austrocel en Austria https://www.austrocel.com/en/ ), que con todas as contradicións puideran ilustrar o regulador, a administración pública e as comunidades afectadas. Por outro lado, neste punto, pero tamén noutros do documento hai unha ausencia dunha análise seria das consecuencias sobre a hidroloxía do río Ulla e a súa afectación á Ría de Arousa. O río Ulla é un corredor interhabitat, un ecosistema fluvial, pero tamén un sociosistema e un cultursistema, que ao ser afectado pola captación de auga e o aumento da temperatura por vía do vertido poderá ter riscos para a saúde humana, animal e vexetal, que non foron considerados seriamente desde unha perspectiva holística.
No punto 8 (“ESTADO AMBIENTAL DEL ÁMBITO DE ACTUACIÓN”), o empeño do texto é, especialmente a partir da páxina 128, e restar valor ambiental da zona en causa (o Alto Ulla xeográfico, centro da Galiza). E na páxina 135 hai unha burla á administración pública e á cidadanía ao considerar datos de calidade do ar tomados na cidade de Lugo (estación de Fingoi) como extrapolables para definir a calidade do ar no municipio de Palas de Rei. Menos mal que un pouco máis adiante refiren un estudo de campo feito por unha unidade móbil en Palas de Rei desde o 5 de setembro ao 2 de outubro de 2022 no cal evidencian un gran calidade do ar na zona en causa, pero sen grande suporte científico para sustentar o afirmado. Na páxina 146 desvalorizan a presenza de carballos (quercus) e outras especies forestais na zona, dando a entender que só hai eucaliptos e negando a biodiversidade estudada polos científicos galegos.
No punto 8.3. (“MEDIO SOCIOECONÓMICO”) falta referir a afectación directa á parroquia de Remonde (Palas de Rei, Lugo) e á de Leboreiro (Melide, A Coruña). É “Ulloa” e non “Ulla”, “Camiños de Santiago” e non “Camiño de Santiago”. Na páxina 196 falta citar a fonte de datos socioeconómicos. Neste parte do texto preséntase unha imaxe da zona (Alto Ulla) pouco poboada, envellecida, en proceso de despoboamento e con desemprego alto. Pero a realidade é máis complexa e as estatísticas utilizadas utilizadas selectivamente e “torturadas” esconden unha realidade ben máis complexa, dous exemplos:
- En media por día hai á volta de 700 peregrinos que pasan entre Palas de Rei e Melide. Iso son 255.500 persoas ao ano.
- A poboación vinculada á zona duplica a poboación residente aos fins de semana e nas vacacións, pero están censados nas cidades galegas, nas de Euskadi e Cataluña. Non considerar este fenómeno de segundas residencias é un discurso sesgado, parcial e invisibilizador do medio socioeconómico da zona. Polo tanto é unha sociedade biespacial e unha sociedade de dous tempos.
Por outro lado só se recoñecen dous datos positivos:
- Que a partir do ano 2020 o saldo migratorio é positivo, é dicir que a relación entre o número de persoas que inmigran para o concello supera aos que emigran para fora dela.
- Que no ano 2019 a renta per capita do concello de Palas de Rei é máis alta que a media galega.
Páxina 175: Punto 8.3.9 (“Fiestas y ferias”).
Páxina 176: É “Moredo” non “Moledo”, o topónimo correcto.
Na páxina 192 (Ponto 8.5. PATRIMONIO CULTURAL), confunden patrimonio cultural con acervo cultural. Remeten para o “Anexo II, tomo III – Estudios del Medio Socioeconómico y Paisaje", en Anexos EIA VIII.
Considero esta parte do máis problemático polo seguinte:
- Non referen detalles sobre a afectación potencial ao patrimonio cultural.
- Non consultan o Inventario do Patrimonio Etnográfico do Concello de Palas de Rei (depositado na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia).
- Tampouco analizan elementos do PCI (patrimonio cultural inmaterial) como indicado pola lei de patrimonio cultural de Galicia.
Na páxina 196 comeza a análise dos efectos na paisaxe (Punto 8.6. Estudio de impacto e integración paisajística – EIP), pero ao longo do texto non hai unha referencia clara ás unidades de paisaxe e á súa afectación por parte da obra, vertidos, circulación de vehículos (550 indicados), etc. Na páxina 220 recoñécense emisións de “dióxido de carbono” e outros residuos. E na páxina 266 fálase dunha zona tapón forestal ao redor da planta para evitar ruído, pero nas ortofotografías de simulación da construcción o tapón forestal non é capaz de tapar a visión da planta desde o Castelo de Pambre e desde o Camiño Francés de Santiago de Compostela ao seu paso polo Leboreiro. Na mesma páxina dise: “También cabe enfatizar que el área de prospección también ha resultado “pobre” en cuanto a presencia de elementos patrimoniales, tanto de natureza arqueolóxica como de tipo arquitectónico y etnográfico...”. Considero esta apreciación máis do que discutible, primeiro habería que explicarlles o que é un elemento patrimonial, segundo convidar a consultar o Inventario de Patrimonio Etnográfico do Concello de Palas de Rei (Consellería de Cultura – Xunta de Galicia) e non atender só ao patrimonio arqueolóxico. Un exemplo, as antigas “Telleiras da Fonte do Mallo” son un elemento do patrimonio etnográfico (hoxe etnolóxico na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia) afectado directamente pola construción da planta, pero que non é referido no proxecto.
Recoñece o proxecto a aparición dun petróglifo que bautizaron como “Petróglifo de Tras da Chousa” que apareceu durante a prospectiva arqueolóxica feita por unha das empresas contratadas para o efecto.
Na páxina 322 e case por primeira vez recoñécese con claridade que a planta vai utilizar tamén gas natural. E máis adiante (páxina 383, punto 12.2. Resultados de la Evaluación del impacto ambiental) conclúese que o impacto é “moderado” en relación coas infraestruturas de aceso, a rede de captación e vertido, a liña eléctrica subterránea e a planta. Fronte a ese impacto moderado dise que van haber medidas preventivas, correctoras e compensatorias. Discordamos da conclusión de impacto moderado, algo que a propia documentación contradí, aínda que centrándose moito no contorno inmediato á planta e sen analizar con seriedade a súa repercusión sobre a calidade da auga do río Ulla, xa deteriorada, segundo o informe ambiental por causa das malas prácticas das explotacións gandeiras e a contaminación do río.
No punto 13 (RESUMEN DE LAS ALTERNATIVAS ANALIZADAS) son presentadas as 7 zonas estudadas para a implantación desta celulosa na Galiza:
- Cervo;
- Alfoz;
- As Pontes de García Rodríguez;
- Forcadas;
- Baamonde;
- Alto Miño Sur;
- Ulla.
Todas elas escollidas en función do recurso auga doce. No caso do “Ulla” había dúas alternativas:
- Alternativa 1: Antas de Ulla. Descartada por diversos problemas como o maior poboamento e as dificultades no aceso ao río.
- Alternativa 2: Palas de Rei. A escollida polo suposto menor impacto e custo ambiental.
En relación con esta alternativa 2, os datos apuntados están equivocados e en contradición cos indicados anteriormente (ex. 3326 habitantes). Vexamos, fálase que o municipio de Palas de Rei ten 3824 habitantes, 19,1 habitantes por quilómetro cadrado e 43 parroquias. Pero o problema adicional é que eses datos non teñen nen data nen fonte de información utilizada.
Na páxina 387 dise que a “Alternativa 0” “implicaría la no instalación de la empresa, con la consiguiente detrimento en la futura economía de la zona”. Esta frase é autocrática, salvífica e mesiánica. Non é de recibo nun documento deste tipo de documento presentarse como salvavidas para todos os problemas dunha zona como o Alto Ulla e o centro da Galiza. Tampouco me parece que poidan adiviñar o futuro e que a economía da zona dependa só da instalación de empresas con tanto risco ambiental, custos ambientais e externalidades pagadas por diñeiros públicos como a que se presenta nesta proposta de GREENFIBER – ALTRI. A economía da zona dependerá de factores internos e externos como é sabido en ciencias sociais, integrando diversas variables e ponderando máis unhas do que outras de acordo cos contextos sociais.
Na mesma páxina 387 chama a atención o seguinte: dise que o “lyocell” ten “gran atractivo comercial y ambiental”, pero non se presentan fontes de datos científicos que demostren esa afirmación, opinativa, puramente especulativa e non fundamentada. Se ben esta é aparentemente unha das claves do proxecto, polo menos deberían presentar un plan de negocio, comercialización e distribución para o lyocell, algo que non ocorre en todo o documento e que enfraquece a proposta ao meu ver que se reduce só a propostas tecnicistas.
Na páxina 388 vóltase a reducir o patrimonio cultural a patrimonio arqueolóxico, o que é inadmisible e só por iso debería ser denegada a autorización ambiental integrada, pola súa falta de rigor, consistencia e esixencia xurídica e legal.
Na páxina 403 indícase que a empresa está en negociación co Ministerio de Transportes a construción do aceso da planta á autovía A-54 entre Lugo e Santiago, o que sen dúbida e segundo a linguaxe utilizada parece un “feito consumado” a construción da planta e a solicitude de AAI e a aprobación do EIA un mero trámite administrativo... É un reducionismo e unha falta de decoro e respecto pola administración pública galega, que ten o seu papel de regulador destas e de outras actividades. É pasar por cima, por riba dos reguladores, no meu entender.
Na páxina 424 (“15. CONCLUSIONES”) conclúese que o impacto é “moderado y compatible” “tras la adopción de medidas preventivas, correctoras y compensatorias”. En primeiro lugar discordar desta conclusión por falta de análise e rigor nalgunhas partes da fundamentación da petición de AAI. En segundo lugar cuestionar que entre as medidas de compensación non son referidas compensacións financeiras ou de outro tipo aos concellos directamente afectados. Sen un canon industrial aos concellos afectados non se pode falar de compensación polo loito dunha parte do territorio e da paisaxe, que tamén é cuantificable e medible socioeconómicamente. Ademais subraiar que o emprego xerado non contambiliza o emprego que tamén se pode destruir no sector primario e no turismo da zona, que ao meu modo de ver perdería atractividade turística e adquiriría un imaxinario negativo de lugares a non visitar, pois a sombra de percepción negativa dos riscos ambientais, mesmo que sexan mitigados, teñen unha percepción subxectiva fronte á cal non é fácil facer boa pedagoxía e comunicación.
Nos anexos hai unha análise de afectación SEVESO feito pola empresa DEKRA de consultaría ambiental, transición enerxética, control ambiental e enerxías renovables (ver: https://www.dekra.es/es/home/). Na súa análise quero destacar algúns aspectos importantes e críticos para o proxecto ALTRI en Palas de Rei:
- Recoñece riscos para a saúde e o medio ambiente por emisións de metanol, gasóleo, gas natural, hiploclórito sódico e GLP (propano) tanto na fase 1 como na 2 do proxecto.
- “Para que la instalación se vea afectada por RD 840/2015 en su nivel inferior estando en la fase 1, la cantidad de gas natural debería de disminuir hasta 165 toneladas o menos ya que es la sustancia que más contribuye”.
- Polo Decreto 37/2012 de 21 de marzo “la administración puede requerir Análisis Cuantitativo de Riesgos (ACR)”. É dicir, que estes non foron ben feitos...
Finalmente, neste primeiro documento de solicitude AAI e no “RESUMEN DO PROXECTO” os datos de renda bruta municipal están sen datar, non teñen fonte ou son falseados, pois non se explica de onde de obteñen. Por outro lado é falso que o estudo do patrimonio cultural da zona estea completo, a verdade é a súa incompletude e abundancia de lagoas.
ANÁLISE DO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL (EIA)
Este é un documento con anexos que acompaña a solicitude de AAI. Na miña análise voume deter sumariamente nos puntos fracos deste estudo (EIA) e nas súas carencias científicas, estruturais, formais e de contido que afectan gravemente á calidade do proxecto GAMA de GREENFIBER (ALTRI) en Palas de Rei.
Empezo pola súa análise do mercado e do consumidor de celulosa soluble, que segundo os autores do EIA vai aumentar no mundo un 4,2% ata 2030, cunha forte subida da súa demanda en China e Asia pero moi lixeira en Xapón e Europa. Pero o que non se di é que a reciclaxe de materiais derivados da celulosa está a aumentar exponencialmente desde 1980 (cf. Sanz Tejedor, s/d).
No punto 4.13. do EIA dise que o proxecto “promoverá el desarrollo económico y el aumento de la infraestructura en la región” e que terá un efecto multiplicador, pero non explica como. Ademais os datos sobre renta bruta municipal e o PIB per capita dos municipios afectados son de 2019 (antes da pandemia do COVID-19) e polo tanto están desactualizados. Por outro lado o dato do PIB per capita de Palas de Rei de 2019 é máis alto que a media comarcal (comarca da Ulloa), provincial e autonómica, desmontando así o discurso de que é unha zona “deprimida” como foi dito varias veces para defender o proxecto de ALTRI.
No punto 5.3.7. (“Relevamiento de percepción ambiental”) preséntase unha enquisa pseudocientífica, feita pola empresa “CALIDAD Y GESTIÓN MEDIOAMBIENTAL TRILLUM SLU” (de Santiago de Compostela). Segundo a pouca información presentada, o que non é ético e responsable, foi aplicada unha enquisa, no sabemos cando a 69 organizacións e institucións da zona do Alto Ulla, recibindo só 13 respostas (18%). Tampouco sabemos como foi aplicada a enquisa, se foi presencial, online, telefónica, etc. A identificación dos inquiridos é escasa, dise que se entrevistou o alcalde de Palas e algunha asociación de mulleres de Antas de Ulla. A pseudoanálise da empresa conclue e xeneraliza que a percepción sobre o impacto ambiental da planta de ALTRI proxectada é positiva. Algo que representa unha falacia e unha manipulación da realidade. É inadmisible este tipo de enquisas e presentacións, e o máis grave incluír esta nun EIA serio e rigoroso, que acaba por deslucir o que xa tiña poucas luces. Como científico social non podo tolerar este tipo de faltas e ofensas á investigación social coherente, ética e honesta.
Nos ANEXOS ao EIA, especial no anexo 3, de 1139 páxinas voume referir aquí ao punto 7 (PATRIMONIO), por ser un dos meus campos de especialización investigadora. As miñas avaliacións son sumariamente estas:
- Non se recolle o PCI (patrimonio cultural inmaterial) afectado como é esixido pola lei 5/2016 de 4 de maio do Patrimonio Cultural de Galicia. Ver: https://www.boe.es/buscar/pdf/2016/BOE-A-2016-5942-consolidado.pdf Ou https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html .
- Non se consultou o Inventario do Patrimonio Cultural Etnográfico do Concello de Palas de Rei, depositado na Consellería de Cultural da Xunta de Galicia, para comprobar os bens afectados deste tipo de patrimonio cultural.
- Hai hórreos de mais de 100 anos que son BIC e que non foron rexistrados polas empresas que fixeran o estudo de impactos (ex. Zeta Arqueoloxía).
- Redúcese patrimonio cultural a arqueolóxico, arquitectónico e inmobiliario, algo obsoleto hoxe en día tanto xuridicamente como cientificamente. Hai que actualizarse.
- Non se aplican as distancias de afectación aos bens arqueolóxicos establecidos pola lei de patrimonio cultural de Galicia e os seus regulamentos conexos.
- O Camiño Francés de Santiago e o Camiño Primitivo non son considerados en serio na súa afectación paisaxística e patrimonial (patrimonio cultural da Humanidade – UNESCO).
- Só hai unha nota relativamente ao PCI, que é a pedra en seco.
- Na referencia ao algúns BICs de Palas de Rei hai inexactitudes graves produto do descoñecemento.
- O aceso á planta polo Leboreiro e a súa afectación DIRECTA ao Camiño Francés de Santiago é “tapado” e infravalorado no EIA, tamén o atravesar deste noutros viais de aceso á planta.
- O punto escénico da planta desde o Castelo de Pambre é infravalorado pola empresa e o EIA, pero en realidade é crítico porque a visión do skyline da planta desde o castelo é moi impactante do punto de vista estético e da experiencia do visitante.
- Lamentable que non teña sido feita un estudo da percepción escénica da planta de ALTRI desde as Torrentes de Mácara, ás cales afectará en diversos puntos, e que representa un patrimonio cultural-natural do Alto Ulla, afectando a Palas de Rei e Antas de Ulla.
Bibliografía citada:
-SANZ TEJEDOR, Ascensión (s/d): “Tecnología de la celulosa. La industria papelera”. Online en: https://www.eii.uva.es/organica/qoi/tema-03.php
EN VISTA DOS ARGUMENTOS EXPOSTOS MÁIS ARRIBA CONSIDERO QUE COMO ESPECIALISTA, INVESTIGADOR E ACADÉMICO DEBE SER DENEGADA A GREENFIBER SL (ALTRI) A “AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA” (AAI) PARA O PROXECTO GAMA EN PALAS DE REI.
Asinado:
_________________________________________________
Xerardo Pereiro
Breve CV do autor:
Xerardo Pereiro
Professor Associado com Agregação (Professor Titular Habilitado para Catedrático)
Centro em Rede de Investigação em Antropologia (CRIA)
E-mail: xerardopereiro@utad.pt ORCID ID: 0000-0002-6298-5701
https://www.cienciavitae.pt/portal/C01F-CF1B-F7DF
Xerardo Pereiro é professor “associado com agregação” da UTAD (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro), Vila Real – Portugal, na área científica/disciplinar de “Antropologia, Sociologia e Serviço Social”; agregado em antropologia pelo ISCTE (Lisboa), “doutor europeu” em antropologia sociocultural pela Universidade de Santiago de Compostela (Galiza) e doutor “internacional” em turismo pela Universidade de La Laguna (Canarias – Espanha). Também é agregado em “Turismo, Património e Território” pela Universidade de Coimbra. Foi investigador visitante na Universidade Complutense de Madrid, na de Milão, no ISCTE (Lisboa), na Universidade de Edimburgo e na de Birmingham, entre outras. É investigador do CRIA (Centro em Rede de Investigação Antropológica - https://www.cria.org.pt/pt ) e membro do Departamento de Economia, Sociologia e Gestão da UTAD. Foi coordenador da licenciatura em Antropologia Aplicada da UTAD e diretor do mestrado em antropologia UTAD-ISCTE, também foi diretor da licenciatura em turismo da UTAD (2017-2021). Foi prémio Vicente Risco de Antropologia e Ciências Sociais 1994, prémio Irmandinhos de investigação social 1996, prémio FITUR 2007 de investigação turística em Ibero-América, finalista do prémio “Ángel Carril 2010” de antropologia, e prémio Gabriel Escarrer - Sol-Meliá 2011 de estudos turísticos, entre outras distinções. Foi professor visitante nas universidades de Vigo, Santiago, Corunha, Salamanca, Nova de Lisboa, Pablo Olavide de Sevilha, Fernando Pessoa, Sevilha, Panamá, Equador e Costa Rica, entre outras. Pesquisa sobre antropologia do turismo, relações rural-urbanas, património cultural e turismo. Tem realizado trabalho de campo antropológico nas Astúrias, Galiza, Norte de Portugal e Panamá. É editor temático de revista PASOS- Revista de Turismo e Património Cultural (indexação JCR e Scopus) (http://www.pasosonline.org/en/).
CV Ciência Vitae: https://www.cienciavitae.pt/portal/C01F-CF1B-F7DF
Xerardo Pereiro es desde 1997 “doctor europeo” en antropología sociocultural por la Universidad de Santiago de Compostela y desde 2013 “agregado” (habilitación para catedrático) en antropología por el Instituto Superior de Ciências do Trabalho e da Empresa (ISCTE) - Instituto Universitário de Lisboa (IUL). También es “doctor internacional” en turismo por la Universidad de La Laguna (Tenerife – Canarias – España) desde el 2014 y “agregado” en “Turismo, patrimonio y territorio” por la Universidad de Coimbra en 2024. En la actualidad es profesor titular (habilitado para catedrático) de antropología en la Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) (Vila Real - Portugal). Es investigador integrado en el CRIA (Centro en Rede de Investigação em Antropologia) centro evaluado internacionalmente por la FCT (Fundação para a Ciência e a Tecnologia) con la clasificación de “very good”). Miembro del Departamento de “Economia, Sociologia e Gestão” de la Escuela de Ciencias Humanas y Sociales (ECHS) de la UTAD. Xerardo Pereiro ha sido coordinador de la licenciatura en antropología aplicada de la UTAD, y también del master en antropología UTAD-ISCTE y de la licenciatura en turismo de la UTAD. Entre los premios y distinciones recibidos destacan el premio Vicente Risco de Antropología y Ciencias Sociales 1994, el premio FITUR 2007 de investigación turística en Ibero-América, finalista del premio Ángel Carril 2010 de antropología, y premio Gabriel Escarrer - Sol-Meliá 2011 de estudios turísticos. Fue profesor visitante en la Universidad de Panamá, la de Salamanca, Santiago de Compostela, Pablo Olavide, Nova de Lisboa, Coruña, Vigo, Sevilla, Costa Rica, Ecuador y otras. Ha realizado trabajo de campo en Galicia, Asturias, Norte de Portugal y Panamá. Sus líneas de investigación se centran en la antropología del turismo, las relaciones rural-urbanas y el patrimonio cultural. Editor temático de la revista PASOS- Revista de Turismo e Patrimonio Cultural (indexación JCR e Scopus) (http://www.pasosonline.org/en/).
CV Ciência Vitae: https://www.cienciavitae.pt/portal/C01F-CF1B-F7DF
Contacto: xerardopereiro@utad.pt
ORCID: http://orcid.org/0000-0002-6298-5701
ACADEMIA: https://utad.academia.edu/XerardoPereiroP%C3%A9rez
BLOG ANTROPOTUR: https://xerardo2014.wixsite.com/xerardopereiro
CIÊNCIA VITAE: https://www.cienciavitae.pt/portal/C01F-CF1B-F7DF
FACEBOOK: https://www.facebook.com/xerardo.pereiro
GOOGLE SCHOLAR: https://scholar.google.com/citations?user=cIQSSAEAAAAJ&hl=pt-PT
REDAYLC: http://www.redalyc.org/autor.oa?id=5839
REPOSITÓRIO DE PUBLICAÇÕES NA UTAD: https://repositorio.utad.pt/simple-search?query=XERARDO+PEREIRO&submit=Enviar%2520%2520%2520%2520%2520%2520/%2520http://repositorio.utad.pt/
RESEARCHERID: K-8457-2014
RESEARCHGATE: https://www.researchgate.net/profile/Xerardo_Pereiro
YOUTUBE: https://www.youtube.com/channel/UCF3gKCPrmglURyXvybDSA3Q
Xerardo Pereiro (University of Trás-os-Montes and Alto Douro –UTAD – Vila Real – Portugal. Email <xerardopereiro@utad.pt> ) holds a European PhD in Social Anthropology from the University of Santiago de Compostela (Galicia – Spain) and another International PhD in Tourism from the University of La Laguna (Canarias - Spain). He is associated professor with habilitation (tenure) of anthropology (by ISCTE- Lisbon) and cultural tourism (by the University of Coimbra). He conducts research about tourism and cultural heritage in CRIA (Network Centre for Research in Anthropology - https://www.cria.org.pt/pt). He was the Head of Applied Anthropology First Degree and the Tourism First Degree Course of UTAD. It is member of the Editorial Board of several international journals as Pasos, Cultur, Agália, PH, ATLAS Tourism and Leisure Review and so on. He was awarded with 1994 Vicente Risco Award of Social Anthropology and Social Sciences, 2007 FITUR in research tourism and 2011 Sol-Meliá - University of Balears Islands Awards for Tourism Research.
- Inicie sesión o regístrese para comentar
Obrigado Xerardo, pelo trabalho e informações. Que fique claro que o li na íntegra. (Traducido por Google al portugés, se supone, que no lo hablo). Ante temas importantes es vital tener una posición y opinión bien informadas.
Gracias Xerardo